-

O PSdeG esixe a Sanmartín resolver xa as bolsas escolares e acabar coa incerteza das familias a unha semana do inicio do curso
Marta Abal alerta de que as familias seguen sen información sobre as bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares cando falta apenas unha semana para o inicio das clases. As e os socialistas denuncian un atraso respecto dos últimos anos e reclaman ao Goberno local que axilice de inmediato a resolución das axudas e…
-

O PSdeG acusa a Sanmartín de seguir atrasando a municipalización dos aparcamentos da Praza de Galicia e Praza de Vigo tras incumprir o prazo de xullo
Gumersindo Guinarte advirte de que o Goberno local incumpriu o seu propio anuncio de levar a municipalización ao Pleno de xullo e reclama que aclare e comprometa dunha vez unha data definitiva. Os socialistas lembran que a concesión da Praza de Galicia expirou hai máis dun ano e alertan de que en breve vencerá tamén…
-

Pedro Blanco anuncia que o Grupo Socialista pedirá a comparecencia de Sanmartín ante as contradicións do seu Goberno con Fly2Galicia
O candidato socialista considera insuficientes as explicacións ofrecidas ata o momento e reclama que a alcaldesa aclare que sabía o Concello sobre o proxecto, que garantías se comprobaron e en que consistiu o apoio prestado durante os últimos meses. Blanco advirte de que as novas informacións coñecidas aumentan as dúbidas sobre unha iniciativa que contou…
-

O PSdeG esixe a Sanmartín que desbloquee xa as axudas veciñais ante un atraso “inaudito e sen precedentes”
A concelleira socialista Marta Abal denuncia que, ás portas do outono, as asociacións veciñais continúan sen saber con que fondos municipais contarán en 2026 e reclama ao Goberno local que convoque de inmediato as axudas. O Grupo Municipal Socialista pide ademais que as subvencións de 2027 se publiquen, como moi tarde, en xaneiro para garantir…
-

O PSdeG esixe acelerar a incorporación de 29 novos taxis e advirte de que Santiago non pode permitirse máis demoras
Guinarte insta ao Goberno de Sanmartín a acelerar, xunto coa Xunta de Rueda, a tramitación das 29 novas licenzas de taxi tras máis de dous anos de demora nun procedemento imprescindible para a mobilidade da cidade. O voceiro socialista lembra que os novos vehículos non estarán operativos ata a primavera de 2027 e alerta da…
-

O PSdeG denuncia que a caída da escultura de Rodrigo de Padrón evidencia o abandono do patrimonio escultórico de Santiago
Marta Abal lembra que o Pleno aprobou en marzo, a proposta socialista, a restauración das esculturas deste ámbito, pero o Goberno de Sanmartín non executou o acordo. A concelleira reclama a recuperación inmediata da peza e unha revisión do estado de conservación do conxunto do patrimonio escultórico da cidade. A concelleira do Grupo Municipal Socialista,…
-
O PSdeG esixe ao Goberno de Sanmartín incorporar a asociación de voluntariado do Refuxio de Bando ao Padroado
Marta Abal denuncia que o Goberno municipal continúa sen cumprir un acordo aprobado polo Pleno hai máis dun ano e reclama iniciar de inmediato os trámites para incorporar a Asociación Voluntariado Activo de Bando (VOLABAN) ao Padroado da Fundación Refuxio de Animais de Bando. O Grupo Municipal Socialista lembra que xa existe unha vacante no…
-

O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín continúa sen definir o destino da taxa turística un ano despois da súa aprobación
Marta Abal advirte de que o informe do Consello de Contas confirma as principais críticas formuladas polo Grupo Municipal Socialista desde a aprobación da ordenanza e evidencia a falta de planificación, transparencia e participación na xestión dos fondos. Os socialistas reclaman a constitución inmediata do Foro de Turismo Sustentable, unha planificación detallada dos investimentos e…
-

O PSdeG denuncia o abandono da rúa do Cubelo e esixe ao Goberno municipal a súa reparación inmediata
Marta Abal advirte de que o firme segue deteriorándose meses despois das primeiras denuncias dos socialistas e acusa ao Goberno de Sanmartín de non actuar ante as queixas da veciñanza. As e os socialistas levarán ao vindeiro Pleno un rogo para reclamar unha actuación urxente e lembran que o executivo deixou sen desenvolver o Plan…
-

O PSdeG denuncia a parálise de Sanmartín e Rueda ante a crise da vivenda en Santiago
As e os socialistas critican que, mentres regresan as longas colas do estudantado para atopar piso, ningunha das dúas administracións puxo en marcha medidas efectivas para facilitar o acceso á vivenda. Aitor Bouza reclama a creación da empresa municipal de vivenda, un banco público de alugueiro para mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras que…
