Actualidade

  • O PSdeG reclama ao Goberno de Sanmartín que execute a recuperación das pistas municipais de tenis de Rodríguez de Viguri

    A concelleira socialista Marta Abal lembra que o último Pleno aprobou a iniciativa do grupo socialista e advirte de que o Goberno de Goretti Sanmartín xa non ten escusas para actuar. As e os socialistas denuncian que Santiago segue sen instalacións públicas suficientes para a práctica do tenis e reclaman retomar e actualizar o proxecto…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia o abandono de Guadalupe e esixe desbloquear as obras de García Lorca

    O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, reclama que o Concello informe con transparencia sobre o estado das obras e as responsabilidades da empresa adxudicataria. Os socialistas advirten de que Guadalupe acumula problemas de mobilidade, accesibilidade, seguridade viaria e abastecemento de auga sen que o Goberno municipal dea resposta. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte,…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia que Sanmartín mantén paralizado o Foro de Turismo Sustentable

    Gumersindo Guinarte insta ao executivo local a reunir durante o mes de xullo o órgano encargado de decidir o destino dos fondos vinculados á recarga turística. Os socialistas alertan da caída dos datos turísticos e advirten de que a recarga turística non pode empregarse para substituír outras fontes de financiamento nin para financiar gastos xa…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia un novo colapso nas Urxencias do CHUS e acusa á Xunta de repetir cada verán a mesma falta de planificación

    Aitor Bouza asegura que o cambio na xerencia do Sergas foi «mera maquillaxe» e denuncia que o novo equipo mantén as mesmas políticas que provocan a saturación asistencial. O deputado socialista anuncia que levará de novo o problema ao Parlamento de Galicia e esixe ao conselleiro de Sanidade un plan específico con máis medios humanos…

    Leer más

  • O PSdeG esixe unha resposta urxente da Xunta e do Concello ante os problemas de drogas en Santa Marta

    A aparición dunha segunda persoa falecida nun mes nas inmediacións do CHUS evidencia a necesidade de reforzar a prevención, a atención sanitaria e a intervención comunitaria. Marta Abal insta á Xunta de Rueda e ao Concello de Sanmartín a colaborar desde as súas competencias para afrontar un problema que consideran de saúde pública, social e…

    Leer más

  • O PSdeG esixe á Xunta que deixe de improvisar e garanta os recursos necesarios para un inicio de curso con educación inclusiva

    Aitor Bouza reclama ao Goberno galego que planifique xa o vindeiro curso escolar e atenda as demandas das comunidades educativas de Santiago. O deputado socialista denuncia a falta de profesorado de pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, así como de persoal orientador e coidador, e advirte de que ningún alumno ou alumna pode quedar sen a…

    Leer más

  • O PSdeG leva ao pleno o abandono de Amor Ruibal e esixe ao Goberno de Goretti Sanmartín que actúe

    A concelleira socialista Marta Abal alerta do risco para a salubridade e a seguridade que supón a proliferación de maleza en dous soares situados xunto a vivendas, un instituto, un pavillón deportivo e unha residencia de maiores. O Grupo Municipal Socialista levará unha iniciativa ao pleno para reclamar unha actuación inmediata e acabar cunha situación…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia que a falta de planificación de Goretti Sanmartín pon en risco o inicio da tempada en Villestro

    Marta Abal denuncia que o executivo municipal leva cinco meses sen licitar unha obra xa aprobada e advirte de que os atrasos poden afectar directamente aos clubs e entidades usuarias das instalacións. A concelleira socialista preguntará no pleno que medidas ten previsto adoptar o Goberno local para evitar que a renovación coincida co comezo da…

    Leer más

  • O PSdeG advirte de que o plan de vivenda do Goberno de Sanmartín é “un brinde ao sol” e reclama compromisos concretos

    A concelleira socialista Marta Abal advirte de que o documento confunde “trámites administrativos” con resultados efectivos e non concreta cantas vivendas se van mobilizar, rehabilitar ou construír. O Grupo Municipal Socialista denuncia que o Concello chega tarde á elaboración do censo de vivenda baleira, segue sen avances na empresa pública de vivenda e continúa sen…

    Leer más

  • O PSdeG reclama ao Goberno de Sanmartín unha solución ante a folga da limpeza e conserxería dos colexios

    Marta Abal reclama á alcaldesa e á concelleira de Educación que asuman a súa responsabilidade e garantan o cumprimento das condicións laborais recollidas no contrato do servizo de conserxería e limpeza. A concelleira socialista advirte de que o conflito xa está a afectar ás actividades extraescolares e á conciliación das familias e alerta do risco…

    Leer más