Categoría: Actualidade
-

O PSdeG denuncia dous meses de inacción do goberno de Sanmartín tras o desprendemento na rúa Berlín
Marta Abal advirte de que as medidas adoptadas polo goberno da señora Sanmartín son “claramente insuficientes” e non garanten a seguridade. A concelleira socialista pregunta “que ten que pasar” para que o Concello actúe e evite novos desprendementos. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a inacción do goberno da señora Sanmartín tras…
-

O PSdeG advirte de que declarar Santiago zona de mercado tensionado non resolverá por si soa o problema da vivenda
Marta Abal advirte de que declarar Santiago zona tensionada non resolverá por si soa o problema da vivenda e insiste na necesidade de medidas complementarias. A concelleira socialista alerta de que en Santiago “non hai vivenda para alugar a prezos accesibles” e reclama actuar xa sobre o parque de vivenda baleira. As e os socialistas…
-

O PSdeG denuncia a deixadez do goberno bipartito co patrimonio escultórico de Santiago
Marta Abal critica o estado do conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval e reclama a súa restauración inmediata. A concelleira socialista advirte dun “patrón preocupante” de abandono e falta de mantemento do patrimonio artístico da cidade. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a deixadez do goberno bipartito do BNG e Compostela…
-

O PSdeG denuncia a falta de previsión do goberno de Sanmartín coas cafetarías dos parques municipais
Gumersindo Guinarte advirte de que Santiago pode quedar un ano máis sen este servizo e acusa ao executivo local de repetir os mesmos erros do pasado verán. O voceiro socialista critica que, a poucos días da primavera, o goberno segue sen licitar o servizo e sen ofrecer explicacións. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo…
-

O PSdeG alerta do retroceso dos datos turísticos en Santiago e pide reacción inmediata do goberno de Sanmartín
Gumersindo Guinarte advirte de que os datos de inicio de 2026 son “moi preocupantes” e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade como destino. O voceiro socialista insta a mellorar mantemento, limpeza e mobilidade e a recuperar o pulo cultural para evitar que Compostela sexa só un lugar de paso. O voceiro do Grupo…
-

O PSdeG denuncia dous anos de “promesas incumpridas” da Xunta con Santiago
Bernardo Fernández acusa á Xunta de deixar Santiago sen resposta en vivenda e educación e asegura que os orzamentos autonómicos “non dan resposta ás necesidades da cidade”. Patricia Iglesias alerta da falta de aposta industrial da Xunta pola capital galega e advirte de que Santiago non pode vivir só do turismo nin quedar sen solo…
-

Santiago, ás rúas este 8M
Como todos os 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o feminismo galego volverá saír á rúa para facer o que sempre fixo: loitar, reivindicar e avanzar. Nun momento no que persisten desigualdades estruturais e no que determinados discursos pretenden cuestionar conquistas irrenunciables, cómpre reafirmar con claridade que non hai espazo para retrocesos: nin un…
-

O PSdeG alerta de que Santiago está a quedar atrás na construción de vivenda pola parálise urbanística do Goberno de Sanmartín
Marta Abal advirte de que en 2025 só se construíron 65 vivendas novas, un 69% menos que o ano anterior. A concelleira socialista sinala as demoras nas licenzas e a falta de solo finalista como causas dun parón que deixa a cidade “paralizada”. Os socialistas reclaman un plan de choque para axilizar procedementos e critican…
-

O PSdeG acusa a PP e BNG de bloquear a única solución mentres a rede de auga cae a pedazos
Marta Abal advirte de que “a situación da rede de saneamento e de abastecemento é crítica e insostible” e que Santiago “non pode seguir a vivir á base de parches”. A concelleira socialista acusa ao PP de practicar “unha política irresponsable e cínica” e denuncia que está “a xogar co sufrimento da xente e coa…
-

O PSdeG acusa ao Goberno de Sanmartín de improvisar cos comedores escolares tras anunciar informes que estaban “practicamente listos”
Guinarte lembra que a comisión foi convocada de urxencia o 29 de decembro e que, dous meses despois, segue sen aparecer ningún informe nin proposta alternativa sobre o novo modelo. Os socialistas acusan ao executivo de Sanmartín de improvisación e propaganda mentres as familias seguen sen certezas sobre o futuro do servizo. O voceiro do…
