Categoría: Actualidade
-

O PSdeG denuncia o abandono da Alameda e acusa a Goretti Sanmartín de deixar deteriorar un dos símbolos de Santiago
O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno de xuño unha iniciativa para reclamar un mantemento activo, continuado e rigoroso da Alameda e denunciar o progresivo deterioro dun dos espazos máis emblemáticos de Santiago. Gumersindo Guinarte advirte de que o Goberno de Goretti Sanmartín está permitindo a “perda de esplendor” da Alameda e critica a falta…
-

O PSdeG carga contra a improvisación de Sanmartín mentres se acumulan máis de 15 millóns en facturas sen pagar
Marta Abal critica que o Goberno municipal aprobase a modificación da Relación de Postos de Traballo cun informe desfavorable da Intervención e sen explicar como pensa resolver o colapso na tramitación das facturas. A concelleira socialista advirte de que o executivo “vai dando bandazos” e acusa a Goretti Sanmartín de actuar “sen planificación” nun momento…
-

O PSdeG denuncia que Sanmartín mantén sen resolver desde hai anos a falta de accesibilidade no CSC da Trisca
Gumersindo Guinarte reclama a reparación inmediata dun ascensor que continúa avariado malia os anuncios do Goberno local e advirte de que a situación impide o acceso en igualdade de condicións a un equipamento municipal de referencia. O voceiro socialista critica que, cinco meses despois de que o Goberno anunciase unha nova proposta de reparación, o…
-

O PSdeG denuncia que Sanmartín converteu as obras da rúa García Lorca no símbolo da parálise do seu Goberno
Marta Abal esixe ao Goberno local que deixe de agocharse tras os trámites administrativos e informe dunha vez á veciñanza sobre cando se retomarán uns traballos que levan meses parados. A concelleira socialista critica que o executivo municipal sexa incapaz de ofrecer prazos nin solucións mentres o material de obra permanece na rúa e os…
-

O PSdeG acusa á Xunta de discriminar a alumnado da Barcia ao non cubrir dúas baixas de enfermaría
Aitor Bouza denuncia un caso de “discriminación” provocado pola “neglixente actuación” da Consellería de Educación e reclama explicacións e responsabilidades políticas inmediatas. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, esixiu explicacións e responsabilidades políticas á Consellería de Educación tras coñecerse que 12 alumnos e alumnas do colexio…
-

O PSdeG acusa a Sanmartín de “vender fume” co Pacto polo Rural
Marta Abal cuestiona a falta de rigor do Goberno municipal ao presentar como executados ou en marcha proxectos que continúan sen licitar e advirte de que a veciñanza do rural segue sen respostas aos seus problemas prioritarios. Os socialistas alertan ademais do atraso na execución dos compromisos vinculados ao protocolo do CHUS, xa que dous…
-

O PSdeG denuncia a “parálise” de Sanmartín no futuro dos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Marta Abal acusa ao Goberno local de incumprir os compromisos adquiridos coa oposición e de seguir sen definir un modelo de xestión para dúas infraestruturas estratéxicas para a mobilidade e o comercio da cidade. A concelleira socialista denuncia que a parálise do Goberno de Sanmartín está a facer que Santiago perda oportunidades para mellorar a…
-

O PSdeG denuncia que Sanmartín leva máis de ano e medio bloqueando unha proposta para modernizar o deporte base en Santiago
Gumersindo Guinarte critica a falta de resposta do Goberno local a unha iniciativa que permitiría gravar e retransmitir partidos nas instalacións deportivas municipais sen custo para os clubs. Os socialistas advirten de que a inacción municipal pode facer que Santiago perda unha oportunidade para mellorar a visibilidade das entidades deportivas e reforzar a súa sustentabilidade.…
-

O PSdeG leva ao Parlamento a falta de investimentos da Xunta no rural compostelán e acusa a Rueda de “desprezar” Santiago
Aitor Bouza denuncia que o Goberno de Rueda concentra a maior parte dos convenios de Augas de Galicia en concellos gobernados polo PP mentres seguen pendentes actuacións básicas de saneamento e abastecemento nas parroquias compostelás. Os socialistas levarán o asunto ao Parlamento de Galicia e presentarán iniciativas para reclamar financiamento autonómico para actuacións pendentes no…
-

O PSdeG acusa ao Goberno de Sanmartín de deixar “peor do que estaba” o acceso ao CPEE da Barcia
Marta Abal critica que a actuación municipal deixase a vía “peor do que estaba” e advirte de que a grava solta dificulta o paso do alumnado con mobilidade reducida. A concelleira socialista acusa ao executivo local de minimizar o problema nunha estrada pola que circulan diariamente autobuses escolares, cadeiras de rodas e vehículos de servizo.…
