Actualidade

  • O PSdeG esixe á Xunta a reparación inmediata dos centros educativos de Santiago e acusa ao PP de mirar para outro lado

    Aitor Bouza denuncia que o Partido Popular “mira para outro lado” mentres a comunidade educativa leva meses reclamando actuacións urxentes. Os socialistas levarán ao Parlamento galego a esixencia de incorporar nos orzamentos de 2026 partidas específicas para actuar no CEIP Santiago Apóstolo e no CEIP de Fontiñas. O PSdeG apoia a mobilización deste sábado da…

    Leer más

  • O PSdeG acusa ao PP de antepoñer intereses partidistas á solución do Ciclo Integral da Auga en Santiago

    Guinarte denuncia que o portavoz popular, o señor Verea, prefire atrasar a licitación para poder controlala se chega á Alcaldía en 2027, en lugar de garantir agora unha solución para a cidade. Os socialistas cualifican esta postura de “falta absoluta de responsabilidade” e advirten de que a xestión da auga é un servizo esencial que…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia que o Goberno de Sanmartín deixa sen resolver o 60% das queixas cidadás

    Guinarte denuncia que o Goberno da señora Sanmartín só respondeu a 4 de cada 10 queixas, a peor cifra da serie histórica, malia contar co maior número de cargos directivos e persoal de apoio da súa historia recente. Os socialistas subliñan a contradición entre o discurso de Goretti Sanmartín na oposición, cando denunciaba falta de…

    Leer más

  • O PSdeG acusa á Xunta de recortar a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo

    Bouza denuncia que a Xunta de Rueda non está a garantir a atención pediátrica diaria no centro de saúde de Conxo e acusa ao Goberno galego de aplicar un novo recorte asistencial que afecta directamente ás familias con menores. O deputado autonómico e secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, reclamará no Parlamento que se…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia o abandono “insostible” do parque empresarial da Sionlla e esixe desbloquear a Entidade de Conservación

    Marta Abal advirte de que o deterioro afecta á imaxe de Santiago e á súa capacidade para atraer investimento. As e os socialistas preguntarán no pleno cando prevé o Goberno da señora Sanmartín completar a constitución definitiva do organismo encargado do mantemento da área empresarial. O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno deste xoves unha…

    Leer más

  • O PSdeG mantén aberta a súa posición sobre os orzamentos de 2026 á espera de que o Goberno incorpore as súas esixencias

    O voceiro socialista confirma que a negociación co executivo municipal non está pechada e que a posición de voto dependerá da receptividade ás máis de 70 propostas trasladadas polo PSdeG, que recollen tanto prioridades políticas do partido como demandas expresas da veciñanza. Os socialistas advirten de que todas as posibilidades están abertas en función do…

    Leer más

  • O PSdeG pide explicacións ao Goberno de Sanmartín tras o derrubamento dun muro no antigo cemiterio de Bonaval

    Marta Abal reclama transparencia sobre as actuacións realizadas nos muros de titularidade municipal e esixe un plan de intervención “claro e calendarizado” para garantir a seguridade e a conservación do patrimonio. Os socialistas lembran que existe un estudo de 2022 que xa analizaba o estado de conservación destes elementos e as medidas correctivas necesarias. O…

    Leer más

  • Bouza acusa a Rueda de negar máis recursos para o Consorcio e bloquear fondos para vivenda

    Aitor Bouza denuncia que a Xunta deixou sen executar 169 millóns de euros destinados á rehabilitación mentres rexeitou incrementar en 2,4 millóns a achega ao Consorcio de Santiago. O deputado socialista acusa ao Goberno galego de “nin facer nin deixar facer” en política de vivenda, ao manter fondos sen gastar e votar en contra de…

    Leer más

  • O PSdeG denuncia o deterioro “inaceptable” do campo de fútbol de Conxo e reclama unha actuación integral

    A concelleira socialista Marta Abal alerta da falta de mantemento e das deficiencias que afectan á seguridade e á dignidade das persoas usuarias dunha instalación clave para o deporte base en Santiago. Os socialistas anuncian que levaron a reforma integral á negociación dos orzamentos municipais e advirten de que non aceptarán solucións parciais nin actuacións…

    Leer más

  • O PSdeG leva ao pleno o conflito pola antena de Aríns e pide á señora Sanmartín negociación inmediata

    Abal denuncia que Goretti Sanmartín non actuou coa mesma firmeza que reclamaba cando estaba na oposición, permitindo que a instalación da antena en Aríns avanzase sen negociación previa nin comunicación efectiva coa veciñanza. Para o grupo socialista, o sucedido en Aríns confirma unha maneira de gobernar a remolque dos conflitos, na que o Executivo local…

    Leer más